TERMINA EN SOBRADO A CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA CUNHA ENTREGA EN PENAGRANDE

Pecha a campaña de compostaxe do Concello de Sobrado cunha nova sesión informativa e entrega de material celebrada no Local Social de Penagrande.

O encontro tivo lugar o xoves 30 de outubro e contou coa incorporación de 6 novas familias á iniciativa de autoxestión dos biorresiduos.

Con esta última sesión, complétase unha campaña que segue ampliando a rede de fogares galegos comprometidos coa compostaxe doméstica, unha práctica que permite reducir os residuos orgánicos e transformar o lixo en abono natural de alta calidade.

Grazas a todas as persoas participantes por formar parte desta transformación sostible no municipio

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web sobrado.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.