XOVE ACOLLE A CHARLA ABERTA «CADA RESIDUO? AO SEU COLECTOR!»

O Concello de Xove acolleu o mércores 21 de outubro, ás 18:00 horas, a charla aberta á veciñanza «Cada residuo? Ao seu colector!», dentro da campaña de impulso do contedor marrón.

A sesión repasou todo o sistema de recollida do municipio: o contedor marrón e o compostaxe, os envases, o vidro, o papel e cartón, o aceite, o téxtil, a fracción resto, o punto limpo e os plásticos agrícolas.

As persoas asistentes resolveron as súas dúbidas sobre que residuo vai a cada colector e recibiron a guía da campaña e o folleto «Cada residuo? Ao seu colector!», que tamén se pode recoller na Casa do Concello.

A separación correcta en orixe é fundamental para cumprir os novos obxectivos de calidade da recollida, que en 2027 limitarán os impropios no contedor marrón ao 15 %.

Máis información na páxina web xove.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta actuación forma parte do proxecto de implantación da recollida separada de biorresiduos no Concello de Xove 2026, que conta co apoio da Xunta de Galicia e está cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.