XOVE LANZA A CAMPAÑA DO CONTEDOR MARRÓN CON 500 KITS DE BALDE PARA OS FOGARES

O Concello de Xove pon en marcha a campaña «O residuo orgánico? Ao marrón!» para impulsar a recollida separada da fracción orgánica no núcleo urbano.

A campaña dispón de 500 kits domésticos gratuítos, compostos por un cubo aireado de 10 litros, un rolo de bolsas compostables, a guía da campaña e a chave do contedor marrón. Cada fogar que o recolle queda inscrito na plataforma de biorresiduos.

Os establecementos de hostalaría e comercio alimentario tamén poden sumarse como grandes produtores, coa chave do contedor, unha guía específica e o adhesivo de «Establecemento sostible».

Ao longo de outubro, a campaña inclúe puntos informativos diante da Casa do Concello os días 7 e 14, visitas aos establecementos, sesións no CEIP Pedro Caselles Rollán e unha charla aberta á veciñanza.

No contedor marrón van os restos de froita e verdura, as cascas de ovo e de marisco, as borras de café e infusións, os restos de comida e o papel de cociña usado, sempre en bolsa compostable. Os biorresiduos destínanse á súa reciclaxe mediante compostaxe en SOGAMA.

Máis información na páxina web xove.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

O proxecto conta cunha axuda de 11.973,83 € da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia (procedemento MT975X, Liña 1, expediente EELL-0204-2026-RES), cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.